Wednesday 15 de May de 2024

Os pequenos do municipio decorarán a árbore de Nadal do Concello


Máis de medio centenar de nenos, por iniciativa da Escola Infantil A Fraga Encantada, decorarán a árbore de Nadal

Máis de medio centenar de nenos, por iniciativa da Escola Infantil A Fraga Encantada, levarán a cabo o próximo xoves 11 de decembro ás 18.00 horas á decoración da árbore de Nadal do Concello. Os pequenos da Escola Infantil A Fraga Encantada, e todos os pequenos do municipio decorarán a árbore que está situada na porta do Concello tal e como levou a cabo en anos anteriores. Os nenos confeccionarán a súa propia decoración e axudados de Papá Noel encherán a árbore situada na porta do Concello de artigos fabricados por eles mesmos. A diferenza doutros anos á parte dos cales traian os adornos para a árbore os pequenos traerán algún alimento non perecedoiro para entregar a Papa Noel.